Baralla celebrará o seu magosto o 7 de novembro con castañas, gastronomía, música e baile

LugoXa
A festa terá lugar a partir das 20:30 horas no pavillón municipal, con liscos, empanada, lacón asado, viño, refrescos e queimada, ademais das actuacións musicais de Airiños do Neira e Baralia
castañas-magosto-recurso
22 Oct 2026

Baralla celebrará o venres 7 de novembro unha nova edición do seu magosto, unha cita gastronómica e festiva que reunirá veciñanza e visitantes arredor das castañas asadas, a música e os produtos tradicionais.

A celebración comezará ás 20:30 horas no pavillón municipal, onde as persoas asistentes poderán degustar castañas asadas, liscos, empanada e lacón asado, acompañados de viño e refrescos. A xornada tamén contará con queimada.

A música e o baile serán outros dos protagonistas da festa, coa participación de Airiños do Neira e Baralia, encargados de animar o encontro e crear un ambiente festivo durante a celebración.

O evento está organizado polo Concello de Baralla e busca manter viva a tradición do magosto como espazo de convivencia e celebración arredor da gastronomía e da cultura popular galega.

0.15136313438416