Barreiros acollerá a obra 'O agasallo de Anya'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros acollerá a obra O agasallo de Anya escrita por Sabela Núñez Singala o 23 de decembro ás 18.
21 Dec 2019

O Concello de Barreiros acollerá a obra O agasallo de Anya escrita por Sabela Núñez Singala o 23 de decembro ás 18.00 horas.

Ero Vázquez Cabrera e Isa García Coldeira están á fronte da compañía polense Marionetas Trécola que representará a súa creación.

A peza, dirixida a un público familiar a partir de cinco anos, recolle a historia de Anya e Xiana, dúas nenas que viven separadas por catro mil quilómetros, pero unidas por todo o demais.

“Trasmítennos a idea de que non é difícil axudar ou facer felices a outras persoas, de que todxs podemos facer algo por mellorar tanto as nosas vidas como as dos demáis… cun pouquiño de empatía, cun pouquiño menos de egoísmo e egocentrismo… Trasmítenos que o mellor agasallo é o que se dá de corazón”. A súa representación contará con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.

0.2072069644928