Barreiros convoca tres postos de traballo para a tempada de verán
Barreiros publica a convocatoria do proceso selectivo para dous postos de traballo de peón medioambiental e un posto de albanel para a tempada de verán.
Publicouse no BOP Lugo do día 4 de xuño, e os contratos terán unha duración de catro meses, vinculados á tempada de verán no concello de Barreiros.
O prazo de presentación de instancias é de dez días hábiles, dende o día 5 ao 18 de xuño, ámbos inclusive a contar dende o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Deberán presentar no Rexistro xeral do Concello de Barreiros e tamen poderán presentarse a través da sede electrónica municipal (barreiros.sedelectronica.es) e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido nas bases.
As persoas interesadas en presentar presencialmente a documentación deberán chamar antes ao Concello para solicitar cita para dita presentación.
As bases dos postos de selección están publicadas na seción de emprego da páxina web do concello www.concellodebarreiros.gal e no Taboleiro de anuncios do Concello.