Baralla celebra as festas do San Vitorio esta fin de semana

LugoXa
O venres 26 de agosto Baralla comeza as suas festas do San Vitorio que se extenderán durante toda a fin de semana
Festas Baralla Portada
24 Ago 2022

O venres 26 de agosto Baralla comeza a súa fin de semana de festas do San Vitorio. ás 22.00 haberá fogos de artificio para continuar ás 23.00 coa verbena amenizada polo grupo Beatriz e a orquestra Furia Joven.

O sábado o día comeza ás 13.00 con unha misa e procesión e continúa ás 14.00 coa actuación no parque da igrexa do grupo Airiños do Neira de Baralla.

Xa pola tarde ás 18.00 haberá un gran espectáculo de maxia a cargo do mago Deimi e un pasarrúas coa charanga Fuego Express Band ás 19.00. Para finalizar o día unha verbena amenizada polas orquestras Royal Espectáculo e Capitol.

O domingo 28 a mañá celebrase a misa e procesión ás 13.00 e haberá un concerto no parque da igrexa do grupo Airiños do Neira de Baralla. Xa pola tarde ás 18.00 na praza maior estará con un espectáculo o malabarista e pallaso Jano e haberá un pasarrúas co grupo Louband ás 19.00.

Para finalizar as festas unha verbena ás 22.00 amenizada polas orquestras Panorama e Punto Clave.

Festas Baralla
0.2472608089447