Batuko Tabanka enviará a recadación da gala solidaria a un colexio de Cabo Verde
A asociación cultural Batuko Tabanca xa ten destino para os cartos recaudados na gala solidaria celebrada no auditorio burelés. O grupo prepara un envío de material para un colexio de Porto Mosquito, en Cabo Verde. Trátase dunha axuda que podería ampliarse a outros centros, pois conseguiron recadar 4.700 euros na gala solidaria á que asistiron unhas 500 persoas.
A asociación debátese entre mandar un contedor co material ou o diñeiro para comprar alí.
A grupo estuda tamén a posibilidade de facer unha segunda gala, neste caso dirixida aos máis pequenos, que na primeira edición entraron gratuítamente mentres os maiores pagaron 10 euros por persoa.
Batuko Tabanca anunciou que parte do recadado investiuse en pagar o billete de Alexis Fidalgo, un músico que triunfa nas illas co nome artístico de Álex Djimmy, e que quedou cego hai un década, con 17 anos de idade.
O músico, que ten familia directa en Burela, someterase na comarca a diversas revisións para contar cun diagnóstico certeiro sobre a súa doenza; unhas revisións que se realizan de maneira solidaria pola oftalmóloga Sofía Méndez, da clínica Virxe da Mariña e que nunha primeira consulta diagnosticoulle unha elevada tensión ocular, polo que *Álex está a ser sometido a un tratamento.