Becerreá acollerá a primeira edición de “Cantos de Taberna” organizada pola Asociación Son de Cores

Becerreá acollerá o vindeiro 6 de xuño a primeira edición de “Cantos de Taberna”, unha iniciativa organizada pola Asociación Son de Cores de Becerreá que busca promover a música tradicional e a convivencia social a través dunha xornada cultural polos establecementos hostaleiros do municipio.
Aínda sen un programa pechado, esta primeira edición reunirá diferentes asociacións e grupos de cantos tradicionais que participarán nun percorrido musical polos bares de Becerreá, convertendo os espazos de hostalería en puntos de encontro cultural e de celebración colectiva.
A proposta pretende poñer en valor a tradición oral e musical da zona, fomentando ao mesmo tempo a participación cidadá e a dinamización social do municipio nun ambiente festivo e aberto á veciñanza.