Becerreá acollerá o 19 de marzo unha poxa de xovencas de raza Rubia Galega

LugoXa
O evento reunirá a destacados criadores e buscará impulsar esta raza clave para o sector gandeiro da provincia
Poxa Becerrea
6 Mar 2026

Becerreá acollerá o vindeiro 19 de marzo unha poxa de xovencas de raza Rubia Galega, unha cita que se celebrará ás 12.00 horas e que está patrocinada polo Concello de Becerreá, Acruga, Deputación de Lugo e Caixa Rural Galega.

O evento contará coa participación de recoñecidos criadores desta raza, que porán á venda unha selección de xovencas de alta calidade. A poxa estará aberta ao público e espérase que xere un notable interese entre profesionais do sector gandeiro.

A iniciativa busca contribuír á promoción da raza Rubia Galega, considerada un dos piares da actividade agropecuaria na provincia de Lugo. Ademais, permitirá facilitar o acceso a exemplares con boas características xenéticas e gran potencial produtivo para os gandeiros e gandeiras da comarca.

Con este tipo de iniciativas preténdese reforzar o sector gandeiro e apoiar a continuidade dunha raza autóctona que ten unha especial relevancia na economía rural galega.

0.12153005599976