Becerreá celebra un espectáculo de maxia o domingo
O Concello de Becerreá acolle este domingo 8 de agosto o espectáculo de maxia de David Méndez dirixido a todo o público. Os máis pequenos e os que xa non o son tanto, poderán desfrutar deste plan de domingo no que o fundamental será vivir un espectáculo cheo de trucos, maxia e ilusión.
A actuación titulada Maxia de Aquí e de Acolá é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento. Nela empréganse elementos cotiás do día a día que aparecerán, desaparecerán e realizarán movementos diversos sen saber como nin por que.
O espectáculo realizarase na carballeira de Becerreá, ás 18 horas e, no caso de choiva, trasladarase ao pavillón polideportivo. Así mesmo, levaranse a cabo en todo momento as medidas sanitarias correspondentes.