Becerreá concentra espectáculos en agosto e setembro
O Concello de Becerreá programou unha serie de espectáculos para todos os públicos nos meses de agosto e setembro. A localización onde se ten previsto realizar as actuacións é na carballeira do Concello e de non ser así, pasaría a celebrarse no pavillón dos deportes -respectando sempre a normativa sanitaria vixente-.
Os espectáculos comezan o vindeiro domingo 8 de agosto co mago David Méndez que levará a cabo a actuación Maxia de aquí e de acolá, na que desprenderá incertidume e ilusionismo.
A seguinte actuación celebrarase o sábado 14 de agosto co teatro de monicreques Cousas da casa, unha actuación que non deixará indiferente a ninguén e que pretende dar vida e trasmitir un espectáculo diferente e único.
Continuando coa senda do teatro pero, desta vez, sen monicreques de por medio, levarase a cabo un espectáculo de teatro de rúa titulado Ekilibua.
Xa en setembro, o domingo 5, voltarase co teatro da rúa pero coa actuación Oh Olimpiadas. Este espectáculo básase na cotidianidad da vida retransmitida coma un deporte en directo para crear un mundo levado polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real se mesturan nun cúmulo de disparates continuos. Todo esto unido ao humor para o disfrute de todos os públicos.
En canto ao sábado 11 voltará a maxia con Javier Muro e o seu espectáculo Fantasía Máxica. Para finalizar cos espectáculos, o venres 17 será o turno de Expresion Produccions, coa súa actuación Conto contigo, na que se xuntarán contacontos, titeteres, maxia e animación enfocado ó mundo dos libros. Unha proposta moi divertida, participativa, amena e educativa.
Remata desta maneira, un programa adicado a todos os veciños, veciñas e visitantes, chamado Cultura no Camiño, con motivo do Xacobeo 21-22. Espectáculos que servirán como divertimento e como unha actividade diferente para todos os públicos.