Becerreá e Os Grobos, protagonistas dunha actividade o 9 de abril

LugoXa
Becerreá y el bosque de Os Grobos serán el escenario de la actividad que tendrá lugar el 9 de abril para disfrutar del entorno.
becerrea primavera2
18 Mar 2022

Becerreá e a súa contorna foi o escenario elixido para unha das actividades da reserva da biosfera Ancares Lucenses e Montes de Xervantes, Navia e Becerreá en colaboración co CSS Becerreá e Guido Guía.

A actividade será o próximo sábado 9 de abril de 11.00 a 18.00 horas e constará dun paseo guiado pola contorna pola mañá, un xantar de picnic no parque Valgamarín e a visita ao Bosque dos Grobos pola tarde.

OS GROBOS
Trátase dun labirinto de rocas kársticas que contan cun ecosistema propio e pouco común en Galicia. Un lugar húmido e sombrío cun microclima especial, que xera condicións óptimas para o desenvolvemento de especies típicas mediterráneas. As afloracións de roca calcaria perfilada pola humidade e erosión presentan un musgo que envolve a contorna.

A vexetación mestúrase coas árbores autóctonas onde destacan os castiñeiros e abeleiras centenarias.

0.17780900001526