Begonte coloca paneis identificativos dos seus monumentos

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Begonte rematou o proceso de instalación de paneis identificativos dos rescursos turísticos do Concello.
cervexa
7 Dec 2020

O Concello de Begonte rematou o proceso de instalación de paneis identificativos dos rescursos turísticos do Concello. De feito, colocáronse 19 carteis nas igrexas das parroquias co obxectivo de dar valor a estes monumentos e poder aumentar o turismo.

O proxecto contou cun orzamento de 17.764 euros e foi subvencionado por un convenio coa Consellería de Turismo.

Os soportes son de 1,40 por 1,49 metros e levan incluídos paneis informativos de 65 por 40 centímetros con bandexa e pata de aluminio lacado e vinilo impreso.

A información que se ofrece ao visitante consta do tipo de arquitectura do templo, o ano de construción ou o plano da base. Tamén está adaptado a braille.

Paralelamente, o Concello gravou un vídeo promocional do Concello no que se destaca a riqueza cultural, paisaxística e gastronómica do mesmo.

tristan 1_portada
0.17440104484558