Benade celebrará o Entroido cun Sábado Froleiro cheo de música, xogos e gastronomía

LugoXa
A Asociación de Veciños organiza unha festa o 14 de febreiro cun amplo programa para todas as idades, DJ Patakíña, inchables e degustación de filloeiras e chocolate quente
Sábado-faroleiro-Benade-Lugo
24 Jan 2026

A Asociación de Veciños de Benade, no concello de Lugo, organiza o vindeiro sábado 14 de febreiro unha nova edición do Sábado Froleiro, unha celebración de Entroido pensada para desfrutar en familia e aberta a público de todas as idades.

A festa dará comezo ás 14.00 horas e contará cun completo programa de actividades que inclúe música a cargo de DJ Patakíña, inchables para a cativada, sorteos e propostas gastronómicas típicas destas datas, como filloeiras e chocolatada.

Co obxectivo de garantir o confort das persoas asistentes, o evento desenvolverase nunha carpa pechada con canóns de calor, o que permitirá celebrar a xornada independentemente das condicións meteorolóxicas.

O prezo de inscrición é de 25 euros para persoas adultas e 12 euros para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, estando aberto o prazo para anotarse ata o 8 de febreiro. A organización anima á veciñanza a participar nesta cita festiva, que busca manter vivas as tradicións do Entroido e fomentar a convivencia no barrio.

⚙ Configurar cookies
0.089352130889893