Benditos Malditos, a banda que acompaña a Joaquín Sabina, tocará en Lugo o próximo venres

LugoXa
Benditos Malditos, a banda que acompaña a Joaquín Sabina, tocará o próximo venres 19 de agosto ás 22.00 na praza de Santa Maria en Lugo
benditos malditos
15 Ago 2022

Benditos Malditos, a banda que acompaña a Joaquín Sabina nos seus concertos e gravacións desde hai máis de 25 anos, fará soar os clásicos do cantautor xienense cun orixinal espectáculo o 19 de agosto en Lugo. O concerto terá lugar na praza de Santa María e dará comezo ás 22.00 con unha entrada gratuíta e acceso libre até completar capacidades.

Benditos Malditos é o nome escollido polos músicos que adoitan acompañar a Joaquín Sabina tanto nas súas xiras coma na produción dos seus discos. O grupo formouse baixo esta nova denominación o ano pasado, mais é o herdeiro natural de La Noche Sabinera, un proxecto anterior que abranguía varios dos seus integrantes e que espallou durante máis dunha década en concertos de pequeno formato as cancións do cantautor nacido en Úbeda. La Noche Sabinera non era unha banda tributo como tampouco o é agora Benditos Malditos, senón a fórmula musical para crear un espectáculo baseado no repertorio e seguir conectando co público entre xira e xira de Sabina.

Antonio García de Diego, compositor que xunto ao propio Sabina e Pancho Varona asina un gran número dos seus grandes clásicos, capitanea esta formación á beira do tamén compositor Jaime Asúa. Ambos os músicos contan no escenario coa participación de Paco Beneyto e Mara Barros, corista de Sabina dende 2009. A estes nomes súmaselles o da baixista Laura Gómez Palma, quen subiu á troupe do célebre cantautor dende o disco Lo niego todo, o seu último traballo ata a data. O grupo tamén estará acompañado por Carlos García Boente, vocalista de La Penúltima Sabinera

0.2080020904541