Benestar organiza unha excursión para os maiores o 28 de outubro

LugoXa
A Concellería de Benestar Social oferta unha saída cultural a dous enclaves de gran riqueza cultural da provincia de Ourense para os maiores
excusrion maiores concello lugo portada
21 Out 2022

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, oferta unha saída cultural a dous enclaves de gran riqueza cultural da provincia de Ourense. 

Tal e como avanzou Olga López, a viaxe, enmarcada na Programación de Animación Sociocultural, terá lugar o venres, 28 de outubro e terá como destino o Mosteiro de Oseira e a vila do Carballiño. A proposta está pensada como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero está aberta a toda a veciñanza.  

As e os interesados nesta viaxe poderán apuntarse a partir do 21 de outubro nos centros de convivencia Lamas de Prado, Maruja Mallo ou Uxío Novoneyra, en horario das 10.00 ás 13.00 horas. As inscricións realizaranse por rigorosa orde ata o 26 de outubro ou ata cubrir as prazas, un total de 55. A excursión arrincará ás 10:00 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 18.00 horas.

Para inscribirse, as persoas interesadas, tras comprobar que existen prazas libres, deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603A entrada ao mosteiro correrá a cargo do Concello de Lugo e o xantar correrá a cargo das persoas participantes. 

Esta excursión súmase ás levadas a cabo durante o verán a Noia e á Illa de Arousa e na que participaron máis dun centenar de veciños e veciñas. 

excusrion maiores concello lugo
0.20231890678406