Benigno Gómez Tadín, alcalde de Cervantes: “Cervantes tivo unha gran transformación durante estes anos”

Explíquenos un pouco como se iniciou na política e como se vinculou ao seu partido.
No ano 1987 entrei neste concello como tenente de alcalde. Son unha persoa á que lle gusta manter relacións públicas con todos os veciños. Xa estaba vinculado ao Partido Socialista desde antes, pero foi en 1987 cando comecei a traballar no concello.
Como deu o salto o recibiu o impulso para ser alcalde?
Estiven 20 anos xunto ao anterior alcalde como tenente de alcalde, ocupándome da relación cos veciños, algo que realmente me gustaba. Á vez levaba a miña taberna e exercía como tenente de alcalde. En 2007 accedín ao cargo de alcalde, polo que case levo 40 anos vinculado á política local. No ano 1987 había moitas corredoiras e hoxe contamos con 300 km de pistas municipais, xa que se trata dun concello moi extenso, con 130 aldeas, 277 quilómetros cadrados e 21 parroquias. As aldeas son, na súa maioría, pequenas e moi dispersas, o que fai que sexa difícil prestar servizos cun concello con poucos recursos e capacidade presupostaria limitada. Actualmente somos 1.140 veciños, e traballamos moito, pero cando entrei había 3.500.
A nivel persoal, que sacrificios supón formar parte do Goberno do Concello?
O alcalde ten que estar a diario ao lado do veciño, día e noite. Ten que estar ao servizo do veciño. Por iso es alcalde. A diario mellorar a vida do veciño dentro da capacidade orzamentaria que tes. Non queda outra. Tes que perder moitos días, moitos tempos. Moitas horas e moitas veces de día e de noite, porque moitas veces de noite tes que estar máis calquera hora por calquera cousa urxente que necesita o veciño. E tes que, alcalde, tes que estar. Non podes quedar na casa.
E beneficios?
Ten que gustarche. Se che gusta a relación pública, estar do lado do veciño, pois é algo que fas sempre con boa vontade, é algo que che ten que gustar. É vocación de servizo público. Eu nunca tiven vocación política porque tiña a miña taberna e un ultramarinos, vivía do meu traballo, pero tamén gústame ser alcalde.
Como equilibra a vida pública e a privada?
A vida pública e privada é a mesma, hai que ilo levando, non é fácil.
Cales son os seus obxectivos a nivel político?
Ningún, eu nunca quixen ser deputado nin nada, non, porque me chegaba coa Alcaldía e coa taberna, nunca quixen subir máis alto que ser alcalde.
E se renova na Alcaldía cales son as principais actuacións previstas?
Na alcaldía sempre hai moito que facer, non todo o das feito porque a capacidade orzamentaria te amarra vivo, non podes pasarte de aí. É imposible facer todo. Neste concello pequeno, con pequeno orzamento, é complicado. O noso maior proxecto é a residencia de maiores, que saíu pero non por culpa da Deputación, foi culpa nosa, porque somos nós os que temos que conseguir terreos, e vímonos e desexámonos para facelo; pasamos bastantes anos. A ver se sacamos agora a licitación para a residencia de anciáns. Cando renovemos a Alcaldía, temos que poder darlle a Cervantes unha residencia de anciáns.
Cales son as principais liñas do seu programa?
O mantemento dos servizos, porque no rural se te quedas sen servizos, non hai maneira de que veña xente nova ao rural. Xa é difícil que se quede no rural, pero sen servizos é difícil, necesitamos servizos, pero é complicado ao baixar a poboación. En Cervantes en particular, somos maiores todos, maiores de 60 anos, maiores de 65. Xente nova temos moi pouca, porque a xente nova vai a Lugo e a Ponferrada, ven os fins de semana a ver á familia, pero non viven, non hai servizos e necesitamos servizos.
Cales considera que son as principais necesidades no seu concello?
Hai un problemática importante agora mesmo que é no ámbito sanitario, xa que antes contabamos con tres médicos e tres enfermeiros, e agora quedamos cun médico e un enfermeiro. E temos un consultorio médico, e un centro de saúde. A dispersión aquí, como é tan grande, que se marcha un médico para algún domicilio xa queda pechado o centro de saúde. Agardamos a ver se nos poden repoñer os que nos marcharon. E tamén a ver se acaba de poñerse a fibra óptica, porque é algo interesante para consolidar á xente nas aldeas, que moitos poidan teletraballar.
De que proxectos se sente máis orgulloso?
Cando entrei estábanse poñendo os TPS, os teléfonos públicos de servizo. No 88, 89, 90 empezamos aquí a instalar. E despois empezouse a poñer o alumeado público polos 90 e poucos. Son moitas aldeas. Ao final, dáche bo tempo, porque a capacidade que tes de orzamento é pequena. E se non tes axuda da Xunta ou da Deputación, pois estás copado. Cervantes tivo unha gran transformación durante estes anos, pero quédansenos as aldeas baleiras e iso é un gran problema.
Que lle gustaría que os veciños visen en vostede como alcalde?
Iso deberían opinar eles. Estou moi agradecido cos veciños, porque confiaron en min durante tantos anos, a verdade. Para min é un orgullo ser alcalde de Cervantes. É algo que ten vocación persoal.
Como é a súa relación coa oposición?
Unha relación boa. Sempre teño en conta a todos os veciños, sexan da ideoloxía que sexan. Eu vivo con todos aquí e temos boa relación.
MÁIS DE PRETO
-Idade, estado civil e familiar
73 anos e solteiro
-Profesión e formación
Taberneiro
-E se non o fose, que lle gustaría ser?
Eu vivino o de ser taberneiro
-Que quería ser de maior?
Igual ía ao Seminario e sería cura
-Que fai para desconectar?
Contacto co medio ambiente, andar e as paisaxes, estiven en Barcelona e non me gustou, logo estiven na Coruña e tampouco
-Unha virtude e un defecto
Non sei, terán que dicilo os demais, todos temos
-Un consello para compartir
Hai que ter iniciativa e ganas de traballar
-Un libro, unha película ou/e un grupo de música/cantante
De historia, non vexo películas nin a televisión, cancións galegas sobre todo
-Unha afección
Gústame ler
-Un lugar que visitar
Estiven en Madrid no ano 73 na feira internacional do campo vin maquinas de Alemaña
-Unha comida e unha bebida
Bebo auga e viño, e como de todo
-Unha personaxe admirada (viva ou morta)
Os meus pais, o alcalde anterior a min…
-Unha posesión prezada
O coche fai falta no rural, é importante
-Un desexo
Que teñamos saúde e todo se arranxasa
-Algo para esquecer
Non teño nada que esquecer
-Que é o que máis valora nunha persoa?
A forma de ser, que sexa responsable
-Un desafío pendente.
Niso non penso xa, todo traemos a morte con nós, cando chegue chega
-Onde se ve en cinco anos?
Se sigo así e teño saúde viaxando por aí que sempre me gustou, como alcalde hai que deixalo non vas estar toda a vida de alcalde, vou para 40 anos e xa está ben