Bernardo Niño será o candidato do PP á Alcaldía da Fonsagrada

LugoXa
Bernardo Niño será o candidato do Partido Popular á Alcaldía da Fonsagrada nas vindeiras elección do 28 de maio
Candidato PP Fonsagrada
3 Mar 2023

Bernardo Niño, empresario do sector da hostalería e da alimentación natural da Fonsagrada e actual concelleiro do PP neste municipio será o encargado de encabezar a lista da formación popular de cara ás vindeiras eleccións de maio. E, faino, dixo, “co fin de dar a estabilidade que precisa o Concello”.

O alcaldable agradeceu "a confianza da dirección provincial, así como a participación na súa presentación da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado", neste senso, destacou que “temos que ser a alternativa”. “A Fonsagrada non pode continuar cuns dirixentes que nin xestionan, nin crean servizos por iso, asumo este compromiso e o de facer un bo equipo no que o traballo sexa a nosa folla de ruta para dar resposta ás necesidades das parroquias e tamén do núcleo urbano”, manifestou.

Niño Neira declaro “temos claro que as nosas prioridades son resolver o problema que temos co despoboamento e co deterioro total dos servizo públicos que nos están afectando a todos. Asumo, pois, este cometido cunha gran responsabilidade para volver a sermos o municipio referente da comarca”, sinalou.

Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quixo poñer en valor a “experiencia” de Bernardo Niño e o seu “coñecemento dos problemas que afectan ao municipio e aos veciños”, e mostrouse convencida de que “o próximo 28 de maio os veciños da Fonsagrada terán por fin o goberno que merecen e necesitan da man do candidato popular".

0.17397403717041