Betty León Fong presenta en Lugo o libro "Da soia ao grelo. Cociña galego-chinesa"

A libraría Trama de Lugo acollerá o mércores 2 de decembro, ás 19.00 horas, a presentación do libro "Da soia ao grelo. Cociña galego-chinesa", da autora Betty León Fong.
A obra achégase á cultura gastronómica chinesa desde a tradición culinaria caseira e familiar de Cantón, transmitida de xeración en xeración ao longo de milenios. A autora establece un diálogo entre dúas culturas aparentemente afastadas a través da combinación das receitas e técnicas da cociña cantonesa cos produtos que ofrece Galicia.
A publicación propón así un encontro gastronómico entre dous territorios, no que a tradición chinesa se adapta aos ingredientes galegos para crear unha conexión entre sabores, costumes e culturas.