Boa participación na quinta tirada de Bolos de Xove
A quinta tirada de Bolos do Centro Social do Cruceiro de Xove tivo a 24 participantes dos cales 15 foron na liga Sénior Maculina, 2 na Sub 16 e 7 na feminina.
Así, na liga Sénior Masculina, o grupo de favoritos segue puntuando e marcando xa diferenzas importantes con respecto ao resto. Na cabeza, unha semana máis, o líder Miguel López,
quen está nun momento moi bo e gracias á victoria xa ten unha pequena vantaxe sobre Arturo Vigo, segundo clasificado, a
quen, ademáis lle está costando seguir o ritmo de Miguel. Xa por detrais, e inda cunha diferenza non moi alta, temos a Rafael González 3o e a Daniel Alonso 4o, que intercambian posicións na táboa.
Na liga Senior Feminina a líder Julia López, que é irmá do líder da categoría Senior Miguel López, realizaou unha extrordinaria tirada, e con 291 tantos superou a unha expléndida Carmen Roca, que tamén realizou un tanteo excelente de 271 tantos na tirada.
A clasificación, encabezada por unha moi sólida Julia López, que vai disparada cara ao seu segundo entorchado se Carmen Roca ou Belén Meitín non o evitan, mantén unha loita cerrada nas seguintes posicións con Salomé Bermúdez con 15 puntos, Carmen Roca con 14 e Salomé Bermúdez con 13.
Pouca participación na liga Sub 16, xa que algúns dos participantes tiñan fútbol á mesma hora. De todas formas, continuou o recital de Javier Alonso coa súas quinta victoria e mellor bolada consecutiva, co que ten pleno de puntos 35, o máximo que se pode conseguir en 5 tiradas. Por detrais, gracias aos 4 puntos obtidos, Hugo sobrepasa a Chrisitan Cociña e agora é segundo con 2 puntos de vantaxe sobre Cristian Cociña.
A próxima tirada vai ter lugar no Centro Social da Vara o sábado 23.