Bonxe celebra a fin de semana as súas patronais
TerraChaXa | LugoXa
O grupo D'Nika abrirá este venres, 19 de agosto, as festas patronais en Bonxe, coa súa actuación na verbena inaugural.
18 Ago 2022
O grupo D'Nika abrirá este venres, 19 de agosto, as festas patronais en Bonxe, coa súa actuación na verbena inaugural, na que tamén estará o grupo Eureka.
Esta parroquia de Outeiro de Rei festaxa así a San Mamede cun programa que continuará o sábado 20 de agosto con misa e procesión a partir das 13.30 horas. Ao mediodía e pola noite actuará Mar Azul e na verbena tamén estará o dúo Elixir.
O domingo rematarán as festas coa sesión vermú co grupo Epo-K, que actuará trala misa e procesión, que será tamén ás 13.30 horas.