Brais das Hortas achega ao MIHL o seu espectáculo familiar que mestura a música e os contos

LugoXa
O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle este xoves a partir das 18.
brais_das_hortas
20 Feb 2024

O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle este xoves a partir das 18.00 horas o espectáculo familiar de Brais das Hortas. Contos para caghar patatillas é un espectáculo que mestura a música, clown e contos a partes iguais para morrer de medo ou de risa. Achega figuras como a Santa Compaña cantando un trap, o home do saco ou as sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca.

As entradas que son de balde xa poden adquirise a través da web. As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa.

Brais das Hortas é narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mestura diversos xéneros coma os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.

0.18881106376648