Brais Sixto e Carlos Ernau, convocados coa Selección Galega para a Fase Prata do Campionato de España

Os xogadores de canteira do Club Deportivo Lugo, Brais Sixto e Carlos Ernau, foron convocados novamente coa Selección Galega sub-14 para participar na Fase Plata do Campionato de España, que se disputará este fin de semana en A Coruña, do 7 ao 9 de febreiro.
Ambos xogadores, que forman parte da canteira albivermella, buscarán axudar a Galicia a avanzar á fase final a catro desta fase do torneo nacional.
A selección galega sub-14 quedou encadrada no Grupo E, onde se medirá ás seleccións de La Rioja, o sábado 8 de febreiro ás 09:30 horas, e Melilla, o domingo 9 de febreiro ás 09:30 horas.
Trátase dun logro destacado para os mozos futbolistas do CD Lugo, que continúan demostrando o seu talento e potencial no fútbol base galego.