Burela anima a inscribirse nun curso de autodefensa para as mulleres

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade de Burela organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que se celebrará os días 18 e 19 de novembro.
10 Nov 2019

A Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade de Burela organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que se celebrará os días 18 e 19 de novembro.

A actividade desenvolverase nas dependencias da Casa da Cultura en horario de 9.30 a 13.30 horas. As clases serán impartidas por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

As persoas interesadas poden solicitar máis información para inscribirse no CIM, na propia Casa do Concello ou no número de teléfono 982 580 609.

A edil Noelia María Ben explica que “este curso, organizado polo Centro de Información ás Mulleres, enmárcase dentro das actividades programadas polo Concello de Burela para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro”.

0.17426800727844