Burela convida á festa da castaña o venres 8

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 Nov 2019

A Praza da Mariña de Burela será o esceario onde se vai celebrar a quinta festa da castaña.

Será o 8 de novembro e comezará ás 17 horas e durará ata ás 20 cun obradoiro de confección de zonchos. Para participar neste taller, os interesados pódense inscribir na oficina de medioambiente ou no teléfono 647 136 673.

Ademais, ás 19 horas, repartiranse entre os asistentes cornetes de castañas, viño e bolos preñados por dous euros. Media hora máis tarde, o baile e a música tradicional inundarán de maxia a Praza da Mariña grazas aos integrantes da sociedade cultural e recreativa Ledicia e a asociación Arume.

Ás 21.30 horas vanse sortear cinco vales de compra doados polo Centro Comercial Aberto de Burela e unha cea para dúas persoas no restaurante O Sargo.

0.16371202468872