Burela estrea o punto limpo móbil

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O punto limpo móbil estará instalado, hoxe, na praza do Concello, para facilitar a recollida selectiva aos veciños e veciñas, segundo adiantou o alcalde, Alfredo Llano.
panxolinas
14 Ago 2020

O punto limpo móbil estará instalado, hoxe, na praza do Concello, para facilitar a recollida selectiva aos veciños e veciñas, segundo adiantou o alcalde, Alfredo Llano. Ese punto móbil desprazarase a vindeira semana a outros lugares do municipio.

O rexedor anunciou que “mañá, día 14, imos colocar na praza do Concello, o punto limpo móbil. Esta unidade vai ser transportada a diferentes lugares. Comezamos na praza do Concello pero iremos desprazándoa a diversos sitios de Burela, onde sexa máis necesario. Nas primeiras semanas imos estar en diferentes puntos para facilitar que a xente poida levar a ese punto limpo móbil calquera cousa. Abarca todo tipo de produtos, é unha recollida selectiva de luminarias eléctricas, de téxtil, de pilas, de aceites, pode recoller case de todo. Hai bastantes seccións para depositar aquilo que teñamos na casa e que nos estorbe nun volume normal, para retirar aquilo que poida ser motivo de contaminación e que xa estea usado”.

O alcalde subliñou que “estamos a desinfectar varios puntos do concello para ter unha garantía sanitaria nos establecementos, nas rúas, nas beirarrúas e nas prazas. Tamén estamos dando unha pasada ás rúas para ir limpando dunha forma sistemática. Agora mesmo estamos actuando na rúa Pardo Bazán dunha forma integral e estase notando”.

Para Alfredo Llano: “trátase de que, co novo servizo de limpeza de Burela, se note que o pobo está limpo e con todas as garantías sanitarias. Hai que procurar facer cada día unha labor mellor para ter un concello agradable, que dea confianza e que nos dea gusto andar por el. Iso é o que se pretende desde o Concello, dar o mellor servizo e por esa razón estivemos de acordo en poñer este punto limpo móbil, porque pensamos que hoxe en día é moi necesario”.

0.19772291183472