Burela ofrecerá ximnasia rítmica mañá e unha charla sobre contaminación pola Semana Europea da Mobilidade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Continúan as actividades da Semana Europea da Mobilidade.
Captura de pantalla 2019 09 17 a las 12.08.46
19 sep 2019

Continúan as actividades da Semana Europea da Mobilidade. Esta mañá está habendo sendas charlas impartidas pola DXT nos IES Perdouro e Monte Castelo tituladas Anda en bici seguro. E pola tarde, de 17 a 20 horas, nova cita co circuíto de educación vial na praza do Concello. 

Onte, mércores,  instalouse un stand informativo na praza do Concello Eu si que o fago. Alí repartíronse recolledores para retirar os excrementos dos cans. Xa pola tarde comezou o circuíto de educación vial, aberto a todo o público que quixo acudir. E houbo tamén un ensaio de Arume. 

Mañá, venres, as monitoras de Gaia impartirán unha charla sobre emisións de CO2 ao alumnado de 1º da ESO do IES Monte Castelo. Pola tarde ás 16:30 horas dará comezo un taller de cociña infantil na praza da abastos; de 17:30 a 19:30 horas Porta Norte ofrecerá un adestramento mini exhibición de ximnasia rítmica na praza da Mariña, e á mesma hora e no mesmo marco haberá un ensaio de Ledicia. 

A Semana Europea da Mobilidade culminará o vindeiro domingo, 22 de setembro, coa celebración do día sen coches. Ata esa xornada segue aberto o prazo de presentación de fotografías ao concurso Os Beatles en Abbey Road… nun paso de cebra. As persoas interesadas en participar deben facer unha foto imitando a mítica imaxe  e enviala a gaia@burela.org xunto cos nomes dos participantes, DNI e un número de teléfono de contacto. O prazo remata o 22 de setembro ás dez da noite. A foto premiada recibirá como agasallo unha cea valorada en 100 euros no Contraste. 

0.20421886444092