Burela promove a inclusión laboral de colectivos vulnerables no sector pesqueiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O próximo xoves, 6 de agosto, terá lugar un encontro de dinamización de proxectos entre as entidades de inclusión social e o sector pesqueiro, no marco do proxecto Tanza, promovido polo Concello de Burela e a Confraría de Pescadores.
Captura de pantalla 2018 11 07 a las 11.02.40
5 Aug 2020

O próximo xoves, 6 de agosto, terá lugar un encontro de dinamización de proxectos entre as entidades de inclusión social e o sector pesqueiro, no marco do proxecto Tanza, promovido polo Concello de Burela e a Confraría de Pescadores.

Carmela López, concelleira de Servizos Sociais e Mar, subliña que “o obxectivo deste proxecto é promover o emprego a través de iniciativas de colaboración entre entidades de inclusión social e o sector pesqueiro, aproveitando as potencialidades do territorio e os recursos locais xerando un modelo de economía circular”. O programa está impulsado polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e arranca para xerar sinerxias entre os dous ámbitos. Está coordinado polo GALP da Mariña-Ortegal e participan tamén os GALP Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa.

A edil burelesa explica que “este pasado mes de xullo Tanza fondea nos municipios costeiros dos GALP tendéndolles un fío aos diferentes axentes vinculados ao mar e ao sector da inclusión para crear unha rede de contactos que bote a andar novos proxectos entre eles. Entre setembro deste ano e abril de 2021 crearán un ecosistema para o emprendemento inclusivo, aproveitando as potencialidades do territorio e da actividade vinculada ao mar. Para iso desenvolveranse actividades que fagan xurdir e consolidar iniciativas de inclusión laboral de colectivos especialmente vulnerables. Finalmente, en maio de 2021, manterase o emprego inclusivo no sector pesqueiro avogando por un modelo de economía circular”.

No proxecto Tanza participan a área de Inclusión Social a través dos centros ocupacionais, centros especiais de emprego e tecido asociativo; o sector marítimo-pesqueiro coas confrarías, asociación, empresas e outras entidades do sector; e administracións e organismos públicos.

O xornada sobre Tanza terá lugar este xoves, 6 de agosto, ás 12.00 da mañá na Confraría de Pescadores de Burela. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17955207824707