Cada monte veciñal da Mariña ten unha media de 60 comuneiros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Asociación Forestal de Galicia organizou en Ferreira do Valadouro e en Trabada sendos cursos sobre xestión de xuntas reitoras de montes.
82812601_2579375072281814_8146182509462290432_o
29 Out 2019

A Asociación Forestal de Galicia organizou en Ferreira do Valadouro e en Trabada sendos cursos sobre xestión de xuntas reitoras de montes. O colectivo asegura que A Mariña de Lugo ten un total de 56 montes veciñais, cunha superficie total de 20.151 hectáreas e que cada monte veciñal ten unha media de 359 hectáreas e tamén unha media de 60 comuneiros.

Polo que respecta aos montes veciñais e aos montes particulares, A Mariña é a comarca de Galicia con maior volume de cortas de madeira. O ano pasado solicitouse a corta de 1.456 millóns de metros cúbicos de toneladas de madeira. Esta cifra representa un 15% do total de Galicia. Se se ten en conta que Galicia representa aproximadamente a metade das cortas do total de España, a Mariña lucense representa arredor dun 7,5% no total de España.

0.081308126449585