Cadeiras de Divulgación Forestal xa ten programación para outono
A programación de outono 2022 das Cadeiras de Divulgación Forestal dentro do programa de formación continua agroforestal de AGACAL xa está lista para os meses de outubro e novembro.
Estas accións formativas teñen por obxectivo fomentar o coñecemento específico de determinadas materias e están destinadas as persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego. Xa se poden realizar as preinscripcións aquí.
Os cursos desenvolveranse en distintas sesións e dan comezo o próximo venres 14 de outubro en Lugo con un taller de marcaxe en aproveitamentos de frondosas que terá oito horas de duración. O xoves 20 será en Monterroso con un taller sobre os Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios en Galicia que terá unha duración de cinco horas.
O Taller de introdución á poda de exemplares xuvenís de castiñeiro de catro horas de duración terá lugar o venres 21 de outubro en en Lugo e para finalizar outubro o xoves 27 terá lugar en Guntín o taller sobre Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios en Galicia.
O mes de novembro comeza en Lugo unha formación de corenta horas de duración entre o 2 e o 12 que abordará o tema da Xestión integral de piñeiros. O venres 11, tamén en Lugo estará o Taller de identificación de cogumelos comerciais e para finalizar o xove 17 de en Antas de Ulla a última formación Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios en Galicia.