Caixa Rural Galega únese ao Día Solidario do Grupo Caixa Rural destinando o recadado ao Banco de Alimentos de Lugo

GaliciaXa | LugoXa
Coa celebración desta nova edición, o Grupo reitera que o apoio aos máis desfavorecidos seguirá sendo un dos piares fundamentais da súa actividade
oficina-caixa-rural-vigo-recurso
25 Sep 2026

O Día Solidario, que se celebra hoxe, venres, é xa unha cita consolidada no calendario do Grupo Caixa Rural, que colabora con asociacións e organizacións locais para que as axudas cheguen directamente a quen máis as necesitan. Unha iniciativa que fomenta a solidariedade, a implicación do voluntariado e o apoio ás comunidades nas que está presente.

No marco desta iniciativa, as Caixas Rurais que conforman o Grupo Caixa Rural, alén de Seguros RGA, RSI e o Banco Cooperativo Español, destinarán a fins sociais o 20% das pólizas de seguro vendidas durante este día. Grazas a este modelo, unha acción común para todo o Grupo tradúcese nun impacto directo en cada territorio, permitindo que a axuda chegue a quen máis a necesitan a través de proxectos de proximidade.

No caso de Caixa Rural Galega, a achega nesta edición destinarase ao Banco de Alimentos de Lugo que traballa para loitar contra a fame, a pobreza e o desperdicio de comida, axudando a persoas e familias en situación de vulnerabilidade ou exclusión social.

Coa celebración desta nova edición, o Grupo Caixa Rural reitera que o apoio aos máis desfavorecidos seguirá sendo un dos piares fundamentais da súa actividade. Un espírito solidario que comparten todas as entidades do Grupo e que tamén calou no equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA, cuxa implicación lle levou a converterse no equipo máis solidario do pelotón e que, sen dúbida, contribúe a seguir levando este compromiso máis aló do ámbito financeiro.

0.14530110359192