Cancélase de novo a Feira do 48 en Lugo por motivos meteorolóxicos e falta de garantías técnicas

LugoXa
A Asociación Cántigas e Frores suspende o evento previsto para o 27 de xuño ao non contar con servizos de montaxe e seguridade necesarios
Feira-do-48-Cantigas-e-Frores-2025
26 Jun 2026

A Asociación Cántigas e Frores vén de comunicar a cancelación da Feira do 48, prevista para este 27 de xuño na Praza Maior de Lugo, debido a circunstancias alleas á súa vontade e vinculadas ás previsións meteorolóxicas.

Segundo informa a organización, a empresa encargada da instalación das jaimas, así como da montaxe da microfonía e da iluminación, comunicou que non considera axeitada a realización do evento polas condicións meteorolóxicas previstas e que se exime de toda responsabilidade derivada da súa celebración. Sen estes servizos técnicos considerados imprescindibles, a asociación considera inviable levar adiante a feira.

Desde a entidade lamentan ter que tomar esta decisión, especialmente despois do esforzo realizado e de que o evento xa tivera que ser aprazado noutra ocasión. Aseguran que se trata dunha situación que tamén lles produce decepción, pero subliñan que a prioridade é garantir a seguridade e o benestar de todas as persoas participantes, incluíndo socios, artistas, técnicos, artesáns e público asistente.

A organización sinala que, en canto sexa posible, se anunciará unha nova data para poder celebrar a Feira do 48 nas mellores condicións.

0.12758708000183