Candia sobre Altri: "Opoñerse por motivos ideolóxicos sería prevaricar

LugoXa
O Partido Popular de Lugo acusou ao secretario xeral do PSOE galego, José Ramón Gómez Besteiro, de adoptar "repentinos cambios de postura"
altri-bosque
24 sep 2024

O Partido Popular de Lugo acusou ao secretario xeral do PSOE galego, José Ramón Gómez Besteiro, de adoptar "repentinos cambios de postura" en relación co proxecto da biofábrica de Altri, que pretende crear postos de traballo na provincia. A presidenta do PP lucense, Elena Candia, sinalou que "Besteiro afirmaba que Altri non podía acceder a fondos públicos por incumprir parámetros, pero esta semana corrixe ao BNG e recoñece que non se pode impedir que acceda a fondos europeos se cumpre os requisitos."

O PP sostén que esta nova postura coincide coa posición que o seu partido defendeu desde o inicio. Hhai que agardar aos informes dos técnicos e, no caso de que cumpra coa lexislación vixente, hai que apoialo. Posicionarse en contra sen ningún motivo máis que o ideolóxico sería prevaricar, como levamos tempo advertindo”, afirmou Candia. Os populares tamén ven nesta corrección unha proba do "escaso criterio e peso político" de Gómez Besteiro e do PSdeG-PSOE.

Segundo o PP, esta rectificación estaría motivada polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que contradixo a Besteiro durante unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, onde mantivo o seu apoio ao proxecto de Altri, animando a empresa a presentar a súa candidatura aos fondos europeos, aínda que os fondos Next Generation aínda non foron garantidos.

O PP lucense tamén criticou que o PSOE xa cambiara de postura en relación a Altri anteriormente. Lembran que, tras apoiar o proxecto durante as campañas electorais e no Parlamento de Galicia, o PSOE votou en contra no pleno provincial de marzo de 2024, para logo rectificar no pleno de xullo e volver apoiar calquera iniciativa que cumprise coa lexislación. "Estes cambios e correccións non parecen moi serios", sentenciaron desde o PP.

0.20976400375366