Cantar Delas organiza o concerto Outono con voces de muller na Capela de Santa María

LugoXa
Estarán acompañados polo coro feminino Rosario de Acuña de Gijón "que leva o nome da escritora, xornalista e pensadora nacida en 1850", din
Capela-Santa-María-Lugo
16 Nov 2024

Cantar Delas, dirixido por Fernando G. Jácome, organiza o concerto Outono con voces de muller, que terá lugar esta tarde de sábado, 16 de novembro, ás 19.00 horas na Capela de Santa María de Lugo, acompañados do coro feminino Rosario de Acuña de Gijón.

"O noso coro invitado leva o nome da escritora, xornalista e pensadora nacida en 1850, que destacou pola reivindicacións de igualdade entre homes e mulleres e pola defensa dos máis débiles", explican desde Cantar Delas.

O coro feminino Rosario de Acuña de Gijón interpretará 'Salió de Cuba' e 'Rumor de Mar', de Luis Viloria; 'Noches Larenses', 'Lela', de Rosando Mato; 'Motivos del mar', de Sergio Domingo; 'Muradana', de M. Ángel Vitó; 'La flor de la canela', de Chabuca Granda; 'Sin ti', de José Ramón Arteta Foruria e 'Piel Canela', de José L. Blanco.

Pola súa banda, Cantar Delas interpretará 'Al alba venid', Cancionero de Palacio nº 6; 'Il Ballerino', de Giovanni Gastoldi; 'Cargada de tantos males', Anónimo s. XVI-XVII; 'Eco il verno', de Giovanni Brachrogge; 'Beata es', de Virgo Maria. Josu Elberdin; 'Alalá de Triacastela'; 'Alalá das Mariñas'; 'Unha mañá de setembro', de Sés; 'Eu de Marín ausenteime'; 'Romance da lavandeira' e 'Si a mí me hubieran dicho', de Nicolás Guillén.

0.16592502593994