Cántigas e Frores organiza unha nova edición da Feira do 48 co apoio da Tenencia de Alcaldía

LugoXa
Serán dúas xornadas de actividade ao redor da música e do baile tradicional os días os días 8 e 9 de maio no emblemático quiosco da música
presentacion-feira-do-48
2 May 2026

A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza unha nova edición da Feira do 48, que se celebrará os días 8 e 9 de maio na Praza Maior de Lugo co apoio das áreas de Cultura da Deputación e do Concello de Lugo.

Serán dúas xornadas de actividade ao redor da música e do baile tradicional con actuacións e ruadas das súas propias formacións e doutros grupos de referencia como Os Carunchos ou Cantigas e Agarimo, coa premisa de revivir o ambiente das feiras de antano.

O programa completo foi presentado este sábado nun acto no concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, quixo animar “a todas lucenses e visitantes a desfrutar da Feira do 48, que se celebra nun lugar emblemático da cidade como é o quiosco da música”, lembrando “o éxito de pasadas edicións para anticipar unha gran participación”.

A Feira do 48 toma como referencia cronolóxica o 1948, ano da fundación de Cántigas e Frores, que desde aquela ven traballando na promoción da música e do baile tradicional desde distintos eidos, incluída a ensinanza.

0.17169213294983