Casa de Naia, en Antas de Ulla, comeza este domingo as súas festas
LugoXa
Casa de Naia, en Antas de Ulla celebra as súas festas o 14, 15 e 16 de agosto nunhas xornadas cheas de música e comida
10 Ago 2022
Casa de Naia da comeza as súas festas este domingo 14 de agosto con unha paellada popular ás 22.00 amenizada polo trío Mar de Caión. A continuación a verbena a cargo da charanga Era visto, DJ Marcos_Om e DJ Javitxu.
A luns 15 comeza o día ás 13.00 coa misa solemne para continuar con un pasarrúas e sesión vermú a cargo da banda de música de Antas de Ulla. Pola tarde haberá un partido de fútbol ás 18.30 de solteiros contra casados na Finca Quintá e xa pola noite a verbena a cargo do grupo Tania Veiras e DJ Marcos_Om.
Para finalizar o martes 16 de agosto ás 13.00 haberá misa e a continuación a sesión vermú coa actuación do trío Mar d´Arosa.