Casa Quindós acolle dúas actividades este sábado

A Asociación Ser, de Vilela en Navia de Suarna, organiza este sábado 18 de marzo dúas actividades na Casa Quindós
Casa Quindos portada pandereta
Casa Quindos portada pandereta
16 mar 2023

A Asociación Ser, de Vilela en Navia de Suarna, organiza este sábado dúas actividades na Casa Quindós.

A primeira das actividades será un obradoiro de canto e pandeireta impartido por Richi Casás no que se estudará o estilo de toque de Rosa e Adolfina Casás, da Vila da Igrexa.

Durante o obradoiro tamén se verán melodías de muñeira, xota, agarrao, vals e cantos diversos.

O horario do obradoiro será de 11.00 a 14.00 pola mañá e de 16:00 a 19:00 pola tarde. Para máis información ou inscrición o número 685 879 053.

Para finalizar o día, ás 20.00 haberá un concerto de Davide Salvado que presentará os eu novo espectáculo Permita Deus. O artista estará acompañado de Cibrán Seixo e Antonio Casado.