'Casting', de Hipócrita Teatro, vén de recibir o Premio Lugrís Freire 2025 do Xurado á mellor obra

LugoXa
A obra poderá verse este domingo, día 11, ás 19:00 horas no Auditorio Fuxan os Ventos
Casting-hipócrita-Teatro-Lugo
6 May 2025

'Casting', de Hipócrita Teatro, vén de recibir o Premio Lugrís Freire 2025 do Xurado á mellor obra, dentro da XVIII Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Sada.

A obra, dirixida por Elea López e interpretada por María García, Marta Arias, Natalia Fernández e Juan Rivas, xa fora recoñecida con outros premios e poderá verse este domingo, día 11, ás 19:00 horas no Auditorio Fuxan os Ventos.

Casting é unha comedia aceda protagonizada por figurinos de revista, estereotipos femininos creados pola industria cinematográfica de Holywood no século pasado que conseguiron instalarse no inconsciente colectivo de varias xeracións como prototipos de muller.

⚙ Configurar cookies
0.15449500083923