Castro de Rei acolle o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can o 24 de outubro

LugoXa | TerraChaXa
A competición comezará ás 9.00 horas e a súa clausura, coa correspondente entrega de premios, está prevista para as 14.00 horas
campionato-de-caza-castro-de-rei-menor
19 Oct 2026

O municipio de Castro de Rei será escenario o vindeiro sábado 24 de outubro do Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can, unha competición organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo, coa colaboración da Sociedade de Caza Terra Chá.

A proba celebrarase no Tecor Terra Chá e contará coa participación de cazadores acompañados dos seus cans, nunha xornada dedicada a esta modalidade cinexética.

O programa establece a concentración dos participantes ás 8.00 horas no Café Bar Azúmara, en Castro de Rei. A competición comezará ás 9.00 horas e a súa clausura, coa correspondente entrega de premios, está prevista para as 14.00 horas.

A inscrición pode realizarse por internet e permanecerá aberta ata tres días antes da celebración da proba. A organización tamén puxo á disposición dos interesados o boletín da competición e o programa da xornada.

O campionato conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, e doutras entidades vinculadas ao ámbito cinexético.

0.16915607452393