Castro de Rei animará a feira do domingo con actuación musical

TerraChaXa | LugoXa
O colectivo de Castro de Rei Amigos da Feira pecha o mes de agosto por todo o alto, cunha última feira do mes moi especial, chea de música.
feira castro de rei
27 Ago 2022

O colectivo de Castro de Rei Amigos da Feira pecha o mes de agosto por todo o alto, cunha última feira do mes moi especial, chea de música.

Así, este domingo, día 28 de agosto, a partir das 11:30 haberá ruada e música tradicional a cardo do grupo do concello veciño Asubíos da Chaira, de Cospeito, que percorrerá a zona desde o CEIP Ramón Falcón ao Campo da Feira.

Esta actuación englóbase dentro da Programación Cultural Tradigalu da Vicepresidencia. Deputación de Lugo - Área de Cultura.

Para finalizar a mañá, ás 13:00 está previso o sorteo de 240 euros en vales de compra da promoción Compra en Castro de Rei, no Campo da Feira.

A feira en Castro de Rei celébrase en domingos alternos, e nela pódese degustar do mesmo xeito que na de Castro Ribeiras un exquisito polbo e hai gran cantidade de postos para poder comprar produtos autóctonos e típicos da matanza.

0.22906684875488