Castro de Rei celebrará o 1º Torneo de Tute de Santa Leocadia o sábado

O teleclub de Castro de Rei acollerá o sábado 31 de outubro o primeiro Torneo de Tute de Santa Leocadia, organizado pola comisión de festas da parroquia. A competición contará cun máximo de 32 parellas e terá unha inscrición de 80 puntos por parella.
O torneo repartirá premios para as catro primeiras parellas clasificadas, con 700 puntos para a gañadora, 400 para a segunda, 160 para a terceira e 80 para a cuarta. Ademais, haberá unha fase de repesca, na que a primeira parella recibirá 240 puntos e a segunda, 120. A terceira e a cuarta obterán un lote de produtos.
A organización tamén ofrecerá pinchos para as persoas participantes, con lacón, callos, empanada e tortilla, ademais de servizo de bar. As persoas que desexen cear e non estean apuntadas ao torneo deberán facer unha reserva previa a través da organización, cun custo de 20 puntos por persoa.
As inscricións e consultas poden realizarse a través de Alex, no teléfono 601 344 210, que tamén está dispoñible por WhatsApp. A organización reserva o dereito de axustar os premios en función do número de parellas inscritas.
O torneo desenvolverase segundo as normas establecidas pola organización, que inclúen regras específicas sobre o reparto e a recollida das cartas, o desenvolvemento das partidas e os desempates. As eliminatorias xogaranse ao mellor de tres partidas a dez xogos.