Castro de Rei contará con cine todos os sábados de xaneiro

TerraChaXa | LugoXa
Termina o Nadal, pero a vida cultural continúa no concello de Castro de Rei, que contará con sesións de cine todos os sábados do que resta de mes dentro do plan Cine Interior.
9 Xan 2023

Termina o Nadal, pero a vida cultural continúa no concello de Castro de Rei, que contará con sesións de cine todos os sábados do que resta de mes dentro do plan Cine Interior.

Así, a casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea acollerá a primeira sesión, este sábado 14, ás 20.30 horas. Poderá verse a obra Clifford. El gran perro rojo.

Continuará o 21 no centro sociocultural Xosé Manuel Carballo, á mesma hora, pero co film Bienvenidos a Pestilandia. Los Olchis. Rematarán o ciclo o 28 de novo en Castro Ribeiras de Lea coa película Raya, el último dragón.

Os tres filmes son de animación polo que está dirixidas principalmente a público infantil.

0.23416709899902