Castro de Rei ofrecerá unha formación gratuíta en primeiros auxilios o 26 de novembro

LugoXa | TerraChaXa
A actividade desenvolverase de 16.30 a 20.00 horas no Teleclub de Castro de Rei e estará impartida por Marta Fernández López, enfermeira do 061 de Lugo
formación-primeiros-auxilios-Sarria
15 Nov 2026

O municipio de Castro de Rei acollerá o vindeiro 26 de novembro unha formación gratuíta en primeiros auxilios dirixida á cidadanía, co obxectivo de ensinar como actuar ante diferentes situacións de emerxencia e adquirir coñecementos básicos para axudar a salvar vidas.

A actividade terá lugar no Teleclub de Castro de Rei, entre as 16.30 e as 20.00 horas, e será impartida por Marta Fernández López, enfermeira do 061 de Lugo.

Durante a sesión abordarase como chamar ao 061 e como actuar ante situacións como unha parada cardiorrespiratoria, unha perda de coñecemento ou un atragoamento. Tamén se explicarán técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e o uso do desfibrilador externo semiautomático (DESA). A formación incluirá unha parte práctica.

As persoas interesadas deberán reservar a súa praza antes do 20 de novembro. A inscrición pode realizarse a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, no correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org, chamando ao teléfono 982 390 062 (María Barreiro) ou mediante este formulario.

Para formalizar a inscrición será necesario facilitar o nome e os apelidos, o DNI, o enderezo, o teléfono e o correo electrónico.

0.39163708686829