Castro de Rei reparte de balde lentes homologadas para observar con seguridade a eclipse solar

LugoXa | TerraChaXa
O bando establece ademais que un único membro de cada unidade familiar poderá retirar as lentes correspondentes ao resto da familia
GAFAS eclipse xenérica
3 Aug 2026

O Concello de Castro de Rei porá á disposición da veciñanza lentes homologadas para a observación segura da eclipse solar prevista para o 12 de agosto. Así o recolle un bando municipal asinado polo alcalde, Francisco Javier Balado Teijeiro, no que se informa da distribución gratuíta deste material entre a poboación empadroada no municipio.

Co obxectivo de facilitar o acceso ás lentes, o Concello habilitará a súa recollida presencial ata o 7 de agosto e tamén os días 11 e 12, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As persoas interesadas poderán acudir tanto á Casa Consistorial de Castro de Rei como á Nave Municipal situada no Parque Empresarial de Castro Ribeiras de Lea.

Desde o Concello lembran que o número de lentes dispoñibles é limitado, polo que a súa entrega estará condicionada á existencia de unidades. Para poder recollelas será necesario estar empadroado no municipio.

O bando establece ademais que un único membro de cada unidade familiar poderá retirar as lentes correspondentes ao resto da familia, sempre que acredite debidamente esta circunstancia.

0.12292385101318