Castro Ribeiras de Lea acolle o Campionato Galego de longa distancia MTBO

TerraChaXa | LugoXa
Volven as competicións de orientación despois do descanso do verán. O Club Orientación Compás organiza dúas probas este sábado.
campionato galego longa distancia castro portada
2 sep 2022

Volven as competicións de orientación despois do descanso do verán. O Club Orientación Compás organiza dúas probas este sábado 3 de setembro en Castro de Ribeiras de Lea.

Pola mañá disputarase o Campionato Galego de distancia longa de MTBO e pola tarde terá lugar a III proba da Liga Galega de Trail-O.

As inscricións xa están pechadas.

O percorrido é na súa totalidade por pistas anchas e con bo paso que requiren pouca técnica ademais de carreteras secundarias de pouca circulación.

campionato galego longa distancia castro
0.1977550983429