Castro Ribeiras de Lea celebra as súas festas patronais por todo o alto
Castro Ribeiras de Lea inicia este venres, día 5, as súas festas patronais que volverán á normalidade tras dous anos sen festexos trala incidencia da covid.
Como sempre, estas terán lugar a primeira fin de semana de agosto, que nesta ocasión corresponden aos días 5, 6, 7, e 8.
Novamente a localidade contará con algunhas das orquestras máis destacadas do panorama musical. Abrirá o venres coa actuación de Furia Joven, de Canarias e DJ David Expósito de Radio Líder.
O sábado será a vez das orquestras Miramar e Trébol (esta en dobre sesión), deixando para o domingo a actuación de Panorama xunto á orquestra Stereo Music-Show (que tamén estará na sesión vermú).
Pechará a programación musical Alabama Show, que tamén fará dobrete, e Combo Dominicano o luns.
As festas contarán co seu apartado relixioso con misa o sábado, domingo e luns ás 13.30 horas e o pregón estará ao cargo do periodista Xoán Carlos Vidal, o domingo ás 14.30 horas, despois da misa.
Ademais, dentro da programación festiva destancan a actuación do grupo Os Valuros, o sábado ás 14.15 horas, e a da charanga Alambique en pasacalles a partir das 11.30 do domingo.
Ademais, na noite do mingo, a partir da 1.30 horas haberá unha sesión de fogos de artificio.