Castro Ribeiras de Lea conmemora o 25N cunha representación teatral de 'Mulleres de palabra'

LugoXa | TerraChaXa
A través desta iniciativa, o Concello busca contribuír á sensibilización e á reflexión arredor da violencia contra as mulleres
25N-castro
17 Nov 2026

O Concello de Castro de Rei súmase á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha proposta cultural baixo o lema "Non estamos soas".

A programación inclúe a representación da obra Mulleres de palabra, protagonizada por Charo Pita, que terá lugar o vindeiro 20 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea.

A través desta iniciativa, o Concello busca contribuír á sensibilización e á reflexión arredor da violencia contra as mulleres, empregando o teatro como ferramenta de expresión e concienciación.

A actividade enmárcase nos actos organizados con motivo do 25N e pretende poñer o foco na importancia do apoio, da unión e da voz das mulleres.

0.15631699562073