Castroverde acolle a exposición de autómatas Kinetiko
Castroverde acolle o vindeiro xoves 12 de agosto a exposición de autómatas Kinetiko organizada pola compañía teatral Trécola. A exposición xa estivo no Vello Cárcere de Lugo ata o 30 de xuño e, agora, trasládase á praza do Concello de Castroverde.
Trátase dunha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal, bonecos que se moven e andan sós, un teatriño de guiñol automatizado homenaxe do tradicional títere de cachiporra, diferentes efectos especiais recurrentes no teatro… os asistentes poderán xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan.
Así pois, o horario no que se poderá visitar e estará activa será de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Dende o Concello recordan que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias do momento da celebración.