Castroverde acolle a segunda edición da proba ciclista A Fortaleza o 17 de maio

Celebran a segunda edición da proba ciclista A Fortaleza o vindeiro 17 de maio en Castroverde, que contará con 350 persoas inscritas nas tres modalidades de participación pola Asociación Cultural e Deportiva A Fortaleza Sport, organizadora da proba.
A iniciativa deportiva, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través dunha achega de 3.000 euros, consistirá nunha ruta de BTT curta de 31 quilómetros, unha ruta de BTT longa de 49 quilómetros e a ruta de gravel de 67 quilómetros.
Así, tras o éxito do ano pasado, manterase no calendario de eventos deportivos da primavera coa súa aposta polo BTT e o gravel, unha modalidade na que foron pioneiros na provincia.
A organización ultima o acondicionamento dos circuítos nas semanas previas a celebración da proba, que tivo unha grande acollida, ampliándose as prazas de 300 a 350 pola alta demanda.
A deputada Iria Castro explicou que “reforzamos o apoio a esta iniciativa, que ademais do seu interese deportivo, dá un gran impulso á difusión do patrimonio de Castroverde e moi especialmente á Torre da Fortaleza".