Castroverde acolle encontros semanais para familias con nenos e nenas de ata seis anos

LugoXa
A asociación Antonio Gandoy impulsa no municipio unha iniciativa de formación e intercambio entre familias con menores en idade preescolar, no marco do programa Preescolar na Casa
Imaxe recurso familia
16 Sep 2026

O municipio de Castroverde dispón dunha nova proposta dirixida ás familias con fillos e fillas de entre cero e seis anos. A asociación socioeducativa Antonio Gandoy organiza, a través do programa Preescolar na Casa, encontros semanais pensados para acompañar os proxenitores durante a etapa preescolar das súas crianzas.

Estas reunións teñen lugar todos os mércores, en horario de 17.00 a 19.00 horas, no Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde. Os encontros pretenden ser un espazo de referencia para as familias, no que compartir experiencias, acceder a formación relacionada coa crianza e gozar de momentos de lecer conxunto entre pais, nais e os seus fillos e fillas máis pequenos.

O programa Preescolar na Casa, no marco do cal se encadra esta iniciativa, leva décadas desenvolvendo unha labor de apoio ás familias na etapa máis temperá do desenvolvemento infantil, promovendo a participación activa dos proxenitores como axentes principais na educación dos seus fillos antes da escolarización obrigatoria.

As familias interesadas en participar ou en obter máis información poden contactar coa asociación Antonio Gandoy a través do teléfono 676 427 643, do correo electrónico antoniogandoyeducacion@gmail.com ou dos números 982 216 001 e 629 912 897.

0.15994310379028