Castroverde acolle un ciclo de concertos o 16 e o 24 de xullo

LugoXa
O Concello de Castroverde organiza un ciclo de concertos denominado Ó Son de Santa María o vindeiro 16 e 24 de xullo.
ciclo concertos cartel santa maria castroverde
14 Xul 2021

O Concello de Castroverde organiza un ciclo de concertos denominado Ó Son de Santa María. Os concertos contan coa presenza do organista Giulio Mercati e cos grupos Solo Voces, Son de corda e Concentus lucensis.

Hai que destacar a Giulio Mercati, un músico polivalente, concertista moi cotizado e estimado. De feito, como solista de órgano ou clavecín actuou en máis de vinte países de todo o mundo, tocando nalgunhas das salas de concertos máis prestixiosas e entre as catedrais máis importantes, dende o Gran Salón da Filarmónica de San Petersburgo ata a catedral de San Patricio en Nova York.

Os concertos realizaranse o 16 e o 24 de xullo, ás 20 horas na igrexa de Vilabade. Así pois, poderase disfrutar dunha xornada de música diferente.

cartel ciclo concertos santa maria
0.15866494178772