Castroverde acolle un curso sobre manexo da oficina virtual de gandaría
Castroverde acolle un curso sobre os aspectos básicos de manexo da oficina virtual de gandaría, Ovgan, e da sede electrónica. A acción formativa ten previsto desenvolverse en dous grupos durante dous dís, o luns 18 e martes 19 de outubro na aula de informática do CPI de Castroverde ao longo dunha xornada en horario de 15.30 a 20.30 horas.
O curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa gandaría e a súa industria así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.
Ao longo das cinco horas de duración desta acción formativa, instruirase aos alumnos na actualidade sobre a solicitude de guías por internet, levar o libro electrónico de explotación, as altas e baixas, duplicados critais ou DIBS, autorizacións de remolques, pagar as taxas, ou descargar a carta de saneamento entre outros.
Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a solicitude dispoñible no Concello ou chamando ao teléfono 982 312 080 antes do 14 de outubro.